James Rhodes elixe unha foto de Sindo Novoa para unha exposición

5 diciembre, 2020
James Rhodes elixe unha foto de Sindo Novoa para unha exposición
Publicidad

O pianista británico James Rhodes é o encargado de realizar a exposición xunto ao actor Javier Cámara

O fotógrafo de Viloira Sindo Novoa, ven de ver como o pianista británico James Rhodes elexiu unha das súas instantáneas para realizar unha exposición en Madrid.

Todo comezou fai unhas semanas cando o londinense, pero namorado de España e sobre todo de Galicia, decidiu regalar unha cámara Leica entre os que lle responderan ao seu chío en Twitter amosando algunhas fotos. Finalmente a máquina foille entregada a unha rapaza con cancro que mostra a través das súas imaxes a súa loita contra a enfermidade , pero debido as máis de 10.000 respostas obtidas, Rhodes xunto ao actor Javier Cámara decidiron montar unha exposición.

Publicidad

Así puxéronse en contacto co valdeorrés, que contestara a publicación cunha foto da Vía Láctea sobre o Faro de Punta Nariga no Concello de Malpica de Bergantiños, para poder empregar a instantánea na mostra “Historias dunha Leica” que se levará a cabo en Madrid dende o 14 de decembro ata o vindeiro 16 de xaneiro.

Non é a primeira vez que Novoa logra que as súas imaxes estén en lugares de relevancia, xa que xunto aos numerosos momentos captados nas diferentes edicións da Rapa das Bestas de Sabucedo, no 2019 a fotografía da Ponte do Milenio de Ourense rematou no Monopoly “Edición Galicia”.

Como dato, o valdeorrés emprega dende este verán equipamento da marca Sony tras decidir cambiar as antigas Nikon que utilizaba dende os seus comenzos no mundo da fotografía.

También te puede interesar