O fotógrafo Sindo Novoa, premiado pola súa difusión da Rapa das Bestas

9 julio, 2019

Foi distinguido por la Asociación que preserva esta antiga celebración da parroquia pontevedresa de Sabucedo

Sindo Novoa, fotógrafo natural de Viloira —O Barco— e un dos «embaixadores» de «A Rapa das bestas» de Sabucedo —Pontevedra—. A súa laboura para a promoción de dita celebración ven de ser recoñecida cun merecido premio que o enche de orguio.

Trátase dunha das diversas distincións que realiza a Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo na que premia a persoas e entidades que contribúen a reforzar e ensalzar a tradición da Rapa así como todo o referente á parroquia de Sabucedo.

Sindo amosa o cartel

Os galardóns foron comunicados no transcurso dunha gala que foi presentada pola xornalista Marga Pazos. Os premios foron para o fotógrafo barquense Sindo Novoa, autor da fotografía que ilustra o cartel deste ano; o aloitador Javier Quintillán, que presidiu a asociación entre 2006 e 2009; Estrella Galicia, que nos últimos anos implicouse a fondo na promoción da festa e a agrupación folclórica Tequexetéldere, polo labor de recuperación do folclore tradicional e polo seu vencellamento á propia Rapa.

Sindo Novoa e o resto de persoas que foron premiadas

Precisamente, Sindo Novoa é un dos grandes defensores da Rapa. Leva anos inmortalizando en imaxes esta celebración tradicional, que está declarada de «Interés Turístico Internacional». De feito, en setembro do ano pasado achegou ata a vila barquense un completo traballo fotográfico sobre a Rapa que foi exposto no Casino.

Considera que a Rapa sendo tan popular é ao mesmo tempo descoñecida, de aí a súa aposta e difusión por dita tradición cunha mirada fotográfica en profundidade.

Publicidad

Sindo Novoa é un namorado da Rapa e seguirá a facer todo o que esté nas súas mans para potenciar esta festa tan ancestral.

Fotos cedidas

También te puede interesar