jueves. 19.06.2025

A Rúa optará a unha subvención de Cultura para a compra do proxector de cine

O concello da Rúa segue a pelexar por facerse co proxector dixital de cine que permitiría ao Centro Cultural Avenida volver a dispoñer de programación cinematográfica actual con regularidade. Segundo explica Luis Fernandez Gudiña, o alcalde da vila, a solución pasa por optar a unha subvención da Consellería de Cultura, “á que a delegada da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, suxeriu que nos podiamos acoller para presentar a nosa proposta”.

Dita subvención farase pública “en cuestión de 15 días ou un mes”, explica o edil socialista. O concello rués presentará a proposta e se a resolución é favorable, “trataremos de culminar a obtención do proxector coa axuda da Xunta, da Diputación e o que aporte o concello”. Os planes da alcaldía pasan por obter esta nova tecnoloxía “no primeiro trimestre do ano, xa que é  unha demanda do campo cultural e da cidadanía, porque A Rúa é un pobo que lle gusta o cine”, argumenta.

O reto de conseguir a financiación necesaria que cubra os cerca de 40.000 euros de presuposto do novo proxector, cada vez está máis cerca do final feliz, posto que o concello “está buscando alternativas que están bastante ben encamiñadas” para que máis pronto que tarde “podamos ofertar á xente películas con pouco tempo de estreo e que se recupere a costume de ir ao cine”.

Cine no Barco

Por outra banda, no Barco o concello xa adxudicou o sistema de proxección de cine dixital para o Teatro Lauro Olmo. Segundo anunciou o alcalde, Alfredo García o mesmo deberase instalar antes do 22 de novembro. Despois o concello deberá sacar a concurso a explotación da sala.

A Rúa optará a unha subvención de Cultura para a compra do proxector de cine