«Vive o Camiño» chega a Vilariño de Conso esta fin de semán

11 octubre, 2019
«Vive o Camiño» chega a Vilariño de Conso esta fin de semán
Publicidad

O domingó haberá un percorrido pola Ruta dos Soutos e o albergue turístico acollerá un obradoiro

O programa «Vive o Camiño» dinamiza e pon en valor durante este outono o patrimonio xacobeo da Vía da Prata a través dun cento de actividades en 35 concellos galegos. Trátase dunha iniciativa da Xunta de Galicia que este fin de semana fai parada en Vilariño de Conso.

O domingo o ciclo chega a Vilariño de Conso onde, ás 10,30 horas, partirá un grupo dende o Concello para percorrer a Ruta dos Soutos. Xa pola tarde, ás 16,00 horas, celebrarase un obradoiro para adultos e outro, ás 17,00 horas, para o público infantil. Os talleres, así como a actividade enogastronómica que se celebrará ás 18,00 horas, terán lugar no albergue turístico de Vilariño de Conso.


Publicidad

En total , son 105 actividades que teñen lugar cada fin de semana ata o mes de novembro e nas que os peregrinos poderán interactuar cos veciños das cidades e vilas polas que pasa a Vía da Prata, unha das rutas xacobeas galegas.

Con este obxectivo deseñáronse tres tipos de actividades: rutas a pé nas que descubrir os segredos deste trazado; iniciativas gastronómicas nas que veciños e peregrinos poderán degustar produtos enogastronómicos da comarca, e obradoiros para nenos e adultos nos que transmitir os valores xacobeos e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial vinculado co Camiño de Santiago.

Si desea escuchar la entrevista completa a Isabel Blanco, psicóloga del concello, pinche en el siguiente enlace:

También te puede interesar