Rubiá terá nova ordenación urbanística

28 septiembre, 2020
Rubiá terá nova ordenación urbanística
Publicidad

O novo PXOM da localidade aprobouse esta misma mañá ca presencia do alcalde Elías Rodríguez

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinou este luns a orde de aprobación definitiva do PXOM de Rubiá (Ourense), un documento que está chamado a guiar a evolución urbanística
do concello durante as próximas 2 décadas e que substituirá ao Plan Básico Autonómico polo que se rexía ata o de agora.

En presenza do rexedor Elías Rodríguez, a conselleira subliñou que se culminan hoxe case 12 anos de traballo durante os que os redactores do plan xeral tiveron que estudar ao detalle os 100 km2 que abrangue o municipio, así como as 10 parroquias nas que se divide o seu territorio e se asentan os seus 1.393 habitantes.

Publicidad

Como principal obxectivo da nova ordenación urbanística de Rubiá, Vázquez indicou que mellorará a calidade de vida veciñal poñendo por unha banda en ordenación un importante número de edificacións xa existentes e pola outra, mantendo a morfoloxía actual do concello, que concentra na capital a maioría dos servizos e da actividade.

De feito, no núcleo de Rubiá prevese completar a malla urbana de cara a garantir a súa integración co medio rural. Tendo isto en conta, delimítanse no PXOM os núcleos rurais atendendo á súa tipoloxía histórica ou común, coa intención de recoller as vivendas existentes e rematar os espazos intersticiais entre elas.

Publicidad

Tamén se reserva exclusivamente a vivenda colectiva ao núcleo urbano, quedando o modelo unifamiliar para os solos restantes. En materia de vivenda, no documento urbanístico determínase a capacidade máxima
de uso residencial para as próximas dúas décadas, cunha previsión de crecemento de 599 vivendas novas.

Respecto ao sistema xeral de espazos libres e zonas verdes, no PXOM prevese a ampliación da contorna do campo de fútbol, considerada como o principal lugar de esparexemento da poboación municipal.

Neste sentido, o novo planeamento reserva case 64.000 m2 a este tipo de dotacións e preto de 35.000 m2 ao sistema xeral de equipamentos comunitarios.

No concello ourensán de Rubiá, a achega da Xunta para financiar o PXOM
ascendeu a preto de 64.000 euros, unha contía da que tan só queda por abonar a fase correspondente ao trámite de aprobación definitiva.

También te puede interesar