Paraxes de Vilariño e Rubiá serán inscritos no Rexistro de Masas Consolidadas

13 noviembre, 2020
Paraxes de Vilariño e Rubiá serán inscritos no Rexistro de Masas Consolidadas
Publicidad

Así o anunciou o Diario Oficial de Galicia, e a partir de hoxe pódese consultar información sobre estes terreos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se someten a información pública os procedementos de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas de dez montes situados nas provincias de Lugo e Ourense.

A superficie combinada dos dez expedientes é de case 1.230 hectáreas e todos os montes están clasificados como veciñais en man común.

Os lugares afectados na zona de Valdeorras e a súa contorna son a Serra da Enciña da Lastra, no Concello de Rubiá, pertencente aos montes veciñais en man común de Biobra, ocupando unha superficie de 170,86 hectáreas.

O outro paraxe afectado é a CMVMC da Castiñeira, en Vilariño de Conso, afectando a 34,49 hectáreas de Cerqueiro.

Publicidad

A partir de hoxe, calquera persoa física ou xurídica poderá examinar no Servizo de Saúde e Vitalidade do Monte, situado en Santiago de Compostela os documentos correspondentes a estes expedientes de inscrición, podendo presentar as alegacións que estimen oportunas.

Cabe sinalar que a Consellería do Medio Rural está a tramitar actualmente un total de 40 expedientes de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, que supoñen en conxunto unhas 3.000 hectáreas de terreo

También te puede interesar