Vilariño solicita un acceso directo para o parque do Invernadoiro

5 noviembre, 2020
Vilariño solicita un acceso directo para o parque do Invernadoiro
Publicidad

A alcaldesa da localidade, Melisa Macía, mantivo unha reunión telemática ca Consellería de Medio Ambiente para falar sobre o Parque Natural do Invernadoiro

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilariño de Conso analizarán as posibilidades de colaborar, co fin de dotar ao Parque Natural do Invernadeiro dun acceso que permita conectar de forma directa o núcleo municipal con este espazo natural.

Así o acordaron a conselleira Ángeles Vázquez e a alcaldesa Melisa Macía no transcurso dunha reunión telemática para abordar este e outros asuntos de interese municipal, xa que a rexedora pretende solucionar a falta de accesos directos dende o concello ao parque natural, que discorre íntegramente por Vilariño.

Por elo, habilitaráse unha pista que permita conectar ambos puntos e mesmo no futuro unha senda peonil, resolveríase así esta carencia e contribuiría a abrir o parque aos veciños de Vilariño de Conso e do resto da comarca.

Publicidad

Conselleira e alcaldesa coincidiron en subliñar a importancia do Invernadeiro para toda a zona, tanto polo seu valor e riqueza patrimoniais como polo reclamo que supón desde o punto de vista turístico para visitantes e amantes do sendeirismo.

A rexedora incidiu na necesidade de aproveitar as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para reforzar o potencial do parque neste sentido, polo que propuxo a posibilidade de analizar como promover o uso de ferramentas tecnolóxicas para dar a coñecer O Invernadeiro entre o público en xeral.

Cómpre lembrar que na última década, a Consellería investiu no Parque Natural do Invernadeiro un total de 1,35 millóns de euros en diferentes tipos de actuacións financiadas con fondos propios.

Recuperación do monte queimado

Dende o concello fomentarán a través dunhas xornadas de concienciación e reestructuración sobre as zonas incenciadas, tratarán de devolverlle a vida ao territorio. A alcaldesa da localidade Melisa Macía, destaca que pode acudir todo o mundo de forma voluntaria, e ademáis contarán ca colaboración do personal do concello e do Obradoiro de Emprego Terras da Castaña.

Entre os traballos que farán dende hoxe ata o sábado está a prantación de castiñeiros, sementar zonas con centeo do país ou a solta de palla en zonas con pendente, xa que así evítase a erosión e os posibles arrastres que xa se están producindo estos días cas primeiras chuvias do outono.

También te puede interesar