Os Concellos de Vilamartín e Rubiá poñen as impresoras ao servizo dos colexios

7 abril, 2020
Os Concellos de Vilamartín e Rubiá poñen as impresoras ao servizo dos colexios
Os Concellos de Vilamartín e Rubiá poñen as impresoras ao servizo dos colexios
Os Concellos de Vilamartín e Rubiá poñen as impresoras ao servizo dos colexios
Os Concellos de Vilamartín e Rubiá poñen as impresoras ao servizo dos colexios
Publicidad

As copias seranlles entregadas no enderezo que faciliten na petición de correo electrónico

O Concello de Vilamartín pon ó servicio do alumnado do colexio José Manuel Folla Respino da localidade as impresoras para que poidan realizar copias dos traballos e contidos escolares.

Para elo só é preciso enviar un correo electrónico a Concello.vilamartin@eidolocal.es e desde o ente local encárganse de facerllo chegar ó alumnado a través do membros de protección civil.


Publicidad

Esta iniciativa xurdiu ante a imposibilidade que teñen algúns nenos para facer as impresións. Así o explicaba a concelleira de Cultura Claudia Núñez, «decidimos facer as impresións no Concello ante a necesidade dos pais e nais que non teñen impresora na casa». »Como non sabemos ata cando se vai alargar isto chamamos ó director do colexio e pareceunos unha boa opción darlle facilidade para que os nenos poidan seguir traballando con normalidade en medio deste caos», explica.


Publicidad

«Que nos envíen un correo os que necesiten deste servizo e ademais que nos axunten a  súa dirección», aclara. «Protección Civil está a facer unha magnífica labor achegando ademais das copias os estudantes,a compra e medicamentos ós domicilio de persoas maiores que viven soas», subliña respecto estes voluntarios. Protección Civil tamén está a facer a desinfección das rúas da vila con« unha solución hipoclorito 0,5%». O teléfono 679846879 é o que hai que chamar para porse en contacto para solicitar o servizo do voluntariado.

Rubén López entregando as pantallas

Agradece a concelleira a doazón de pantallas por parte de Ruben. «Grazas tamén a Rubén que fixo pantallas para as residencias de Valdegodos e Sobreira».

En Rubiá tamen están a facer este servicio

En Rubiá o correo ó que hai que enviar a petición é: concelloderubiá@gmail.com. Neste caso serán os traballadores do Concello que lle levarán as copias á casa. Tamén serán os encargados de levar os libros do terceiro trimestre, segundo nos confirmou a concelleira Laura Iglesias. «Estamos en comunicación permanente co colexio e tentamos cubrir as necesidades que teñen, sobre todo as de mobilidade. Segundo me confirmou a directora a partir  do luns os titores farán vídeos para achegar o ensino de xeito distinto. Os de 5º e 6º xa tiñan ordenadores porque estaban en e-dixgal e o resto, polo que sabemos, todos teñen acceso a internet», di a concelleira respecto ás novas técnicas de ensino.

También te puede interesar