O Pazo Provincial acolleu a presentación da 1º Feira das Montañas de Trevinca

9 diciembre, 2019
O Pazo Provincial acolleu a presentación da 1º Feira das Montañas de Trevinca
Publicidad

O programa inclúe showcookings, conferencias, ruta de pinchos, música e a segunda edición de Nadal enxebre

A 1ª Feira das Montañas de Trevinca, organizada polo Concello da Veiga, presentouse na mañá do 9 de decembro no Pazo Provincial sede da  Deputación de Ourense que  colabora con evento gastronómico.

A feira que se celebrará o vindeiro 14 e 15 de decembro amosará os produtos da Alta Montaña Galega a través dunha programación que inclúe showcookings, conferencias, ruta de pinchos, música e a segunda edición do proxecto “Un Nadal enxebre”.

Na presentación desta iniciativa participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde da Veiga, Juan Anta; e a técnica encargada do centro apícola, Raquel Rodríguez.

Juan Anta,  alcalde da Veiga explicou que «cando comezou este proxecto non había nin un só apicultor na Veiga e hoxe hai máis de 25. Tampouco había prácticamente mel e actualmente case toda a mel da Veiga está etiquetada e envasada baixo esta marca e participando máis de 25 persoas, movendo unha cantidade de mel próxima aos 10.000 – 12.000 quilos este ano e triplicándose cada ano as colmeas na Veiga».

En canto á Faba Loba, Anta subliñou que a iniciativa comezou no ano en curso «con 25 veciños que sementaron máis dunha hectárea de terra abandonada para recoller en torno a 1.200 quilos de fabas, esa Faba Loba que, por primeira vez, se poñerá eses días á venta na Veiga».



Durante os días da feira desenvolverase a segunda edición do proxecto «Un Nadal enxebre» que conseguirá que «todo o pobo estea decorado con produtos nosos e convertendo a Veiga no belén enxebre máis grande de Galicia», salientou Juan Anta.

Feira das Montañas de Trevinca

Segundo explicou Raquel Rodríguez, a técnico do centro apícola, o sábado ás 12:00 inaugurarase a 1ª Feira das Montañas de Trevinca na praza do Pulpo da vila. Esa mesma hora comezará tamén, a primeira degustación de tapas das montañas de Trevinca nos establecementos hostaleiros da Veiga.

Para participar nesta degustación de tapas poderase adquirir un cartón, por un custe de 12 euros, que inclúe unha ración de cada tapa en cada un dos seis establecementos participantes, a consumición vai aparte. O cartón será válido desde as 12:00 horas do sábado até as 14:00 horas do domingo. Ademais regalarase unha cunca de barro por cartón.


Publicidad

Na primeira planta do Centro de Desenvolvemento Rural catas e degustacións ó longo de todo o día. Ás 13:00 horas, showcooking de fabas lobas das Montañas de Trevinca, a cargo de Gerson Iglesias, cociñeiro no programa Come a Comarca da TVG,  degustación incluída. Ás 16:30 horas, cata de mel de Galicia impartida pola IXP Mel de Galicia. Posteriormente, ás 17:30 horas, de novo un showcooking a cargo de Gerson Iglesias sobre a mel das Montañas de Trevinca, tamén con degustación.

A guinda esta primeira xornada poraa Xavier Díaz & Adufeiras de Salitre, cun concerto ás 19:00 horas na praza do Toural.

O domingo 15 de decembro, as actividades comezarán ás 10.00 horas coa apertura dos preto 25 stands participantes. Ás 11:00 horas haberá un showcooking a cargo de Anxo, cociñeiro do Restaurante A Viuda de Trives, sobre a mel das Montañas de Trevinca con degustación. A continuación, ás 12:30 horas celebrarase unha charla sobre as Boas Prácticas Agrícola, impartida por técnicos do Inorde e ás 17.00 horas volverá Anxo cun showcooking cas Fabas Lobas das Montañas de Trevinca con degustación. As actividades de novo desenvolveranse na primeira planta do Centro de Desenvolvemento Rural. O peche da Feira será ás 18.00 horas. A inscrición nas actividades e a adquisición dos cartóns (dispoñibles ata o xoves) poderase realizar no Centro de Desenvolvemento Rural da Veiga ou a través do número de teléfono 603 71 96 73.

También te puede interesar