O Mago Antón abre as Festas de Verán en Quiroga

7 agosto, 2020
O Mago Antón abre as Festas de Verán en Quiroga
Publicidad

O edil de cultura Jose Luis Rivera, destacou que son actividades pensadas para sacar a xente da casa con toda a seguridade posible

O Concello de Quiroga vivirá esta fin de semana as Festas de Verán máis atípicas do que se recorda, se ben este ano as celebracións levaránse a cabo, faránse en pequeno formato, xa que a situación provocada polo Covid-19 así o quiso.

Jose Luis Rivera, concelleiro de cultura da localidade, destacou que son actividades para dinamizar o pobo e a economía local, invitando a xente a saír para comezar pouco a pouco a facer unha vida normal dentro das posibilidades.

Publicidad

Este venres comezarán os actos do programa con o Mago Antón e o seu “Mago Móvil” instalado na Praza de España. Ao día seguinte a partir das 13 horas haberá un pasacalles pola Rúa Real a cargo de Troula Animación e ao 22 concerto de música tradicional ofrecido por “Ardentia”.

O domingo 11 a partir das 11 da mañá a Banda de Música de Verín realizará unha alborada e unha hora máis tarde levará a cabo o “Día dá Bicicleta”. O luns 12, último día de festexos, levará a cabo a feira e mercado da XXIX Mostra do Mel de Quiroga con actuación incluída da Charanga BB+ polas rúas da localidade.

Rivera, destacou que todos os actos estarán marcados pola seguridade para todos os veciños e visitantes e na XXIX Mostra do Mel de Quiroga todos os feirantes -haberá menos que outros anos- estarán adaptados a normativa.

Se queres escoitar todo o que comentou Jose Luis Rivera, edil de cultura do Concello de Quiroga, podes facelo na seguinte ligazón:

También te puede interesar