O GDR Sil-Bibei-Navea abre o prazo de admisión de solicitudes do Plan Leader

3 mayo, 2021
O GDR Sil-Bibei-Navea abre o  prazo de admisión de solicitudes do Plan Leader
Publicidad

O montante global para estas dúas anualidades no territorio de actuación é por importe de 824.677,84€

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de subvencións para a execución de proxectos da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cun orzamento de 13 millóns de euros para as anualidades 2021 e 2022. Trátase das achegas ás que pode optar calquera persoa ou entidade a través dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) do territorio galego para desenvolver proxectos que dinamicen as súas contornas, ben sexan de carácter produtivo ou non.


Publicidad

O prazo de admisión de solicitudes de axuda será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación, pero dende a Presidencia instase ás persoas que pensen presentar algún proxecto que canto antes contacten có equipo técnico.

En canto á distribución dos importes para o GDR Sil-Bibei-Navea, a axuda para o ano 2021 é de 324.738,82€, ao que lle hai que engadir 69.843,39€, importe que a xunta directiva da asociación acordou traspasar da submedida 19.4, correspondente a custes correntes e animación e promoción territorial pasalo a proxectos

Para a anualidade 2022 conta con 430.095,63€ polo que o montante global para estas dúas anualidades no territorio de actuación é por importe de 824.677,84€, sendo o segundo grupo dos 24 de Galicia que máis fondos ten.

Dende a Presidencia faise un chamamento ós emprendedores para que presenten proxectos e ante calquera dúbida que se poñan en contacto có equipo técnico do grupo para que asesoren e acompañen na tramitación de ditas axudas.

Publicidad

También te puede interesar