sábado. 05.07.2025

O eixo principal da Rúa será reformado

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou a redacción do proxecto da rúa Campo Grande, eixo principal da vila

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou a redacción do proxecto de reurbanización da travesía rúa Campo Grande, no concello da Rúa. Estes traballos, adxudicados á empresa E I C Duran, S.L. por importe de máis de 18.000 euros, terán un prazo para a redacción do proxecto de 6 meses.

Con esto buscaráse deseñar unha primeira fase de acondicionamento do lugar. Que é unha estrada autonómica. Máis concretamente a OU-603. As melloras faránse no treito entre o cruce coa rúa Circunvalación coa travesía Campo Grande-Arnaveca. Ambos puntos comprendidos entre os quilómetros 1+450 e 1+860.

O presuposto estimado para as reformas é de aproximadamente 1 millón de euros. Xunto as reformas tamén incluiráse a renovación dos servizos urbanos como a iluminación e a mellora da accesibilidade nas marxes da estrada e o reforzo da seguridade viaria.

O eixo principal da Rúa será reformado