Núñez Feijóo: «O Xacobeo é unha oportunidade»

22 julio, 2019
Núñez Feijóo: «O Xacobeo é unha oportunidade»

O presidente da Xunta presentou ante representantes de concellos e asociacións o Plan Estratéxico, dotado con 247 millóns de euros

O Plan estratéxico do Xacobeo 2021 foi presentado en Santiago nun acto presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ante membros da Igrexa, alcaldes dos máis de 120 concellos polos que transcorren as diversas rutas, asociacións xacobeas e culturais e directivos turísticos, entre outros. Valdeorras tamén acudiu a esta cita.

Núñez Feijóo destacou a ampla representación de Galicia, que «evidencia que organizar o mellor Xacobeo da mellor Galicia require do compromiso de todos», indicou. Pediu que a implicación de todos os concellos e colectivos continúe. «O traballo non remata aquí, empeza aiquí», valorou.

Deixou claro que o Xacobeo non é propiedade de ningúen, «é unha copropiedade dos galegos e galegos».  E fixo referencia a Igrexa como protagonista indiscutible do Ano Santo. «O feito espiritual está sempre detrás», engadiu.

A presentación do Plan Estratéxico Xacobeo foi en Santiago

O presidente da Xunta explicou que aínda que a meta e o Concello de Santiago, e que o Xacobeo trascende a Administración autonómica, a Xunta traballou para que sexa unha cita descentralizada y beneficie a toda Galicia.

«Temos claro que o Xacobeo é de todos. As galegas e os galegos temos o dereito de vivir o Xacobeo, de desfrutalo, pero tamén temos o deber de preparalo, de enriquecelo, cada un desde as súas respectivas responsabilidades, individuais ou colectivas», aseverou.


Publicidad

Neste senso, argumentou que cada un ten o seu papel dentro do Camiño. «Importa tanto unha ruta en boas condicións como a hospitalidade dun veciño que se atope ao seu paso», expresou. Tan importante é a rehabilitación da Catedral de Santiago como ter preparados os hoteis e restaurantes, ter garantía de seguridade pero tamén comportamento cívico da xente, apostillou.

Dous peregríns belgas

Feijóo salientou a importancia de que o que se vexa no Xacobeo 2021, e nos seguintes de 2027 e 2032, sexa «máis Galicia Calidade que nunca», e expresou o seu desexo de que toda a Comunidade sexa a casa acolledora para os que visiten Galicia.

Do mesmo xeito, asegurou que o Xacobeo dos 5.000 días «esixe que deamos o mellor de nós mesmos cada un deles» e convidou a todos os galegos a aproveitar xuntos a Galicia Xacobea da próxima década para afondar nos eidos marcados como prioritarios: unha Galicia verde, moza, familiar e innovadora.


Publicidad

Considerou que o Xacobeo «é unha oportunidade» que vai máis alá do cultural, relixioso e turístico. Ofrece a posibilidade de que un pobo pequeno, con tres millóns de habitantes, se mostre a nivel internacional con todo o seu potencial e todas as súas capacidades en todos os ámbitos.

Co obxectivo de seguir preparando Galicia para estar no seu mellor momento, o presidente recordou que o Plan estratéxico do Xacobeo 2021 garante con recursos suficientes ese compromiso da Xunta, que incorpora un mínimo de 247 millóns de euros para os próximos anos, o que supón triplicar o esforzo orzamentario dedicado ao anterior Xacobeo. 

A comisaria do Xacobeo falando dos valores do Camiño

Pola súa banda, Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo 2021, citou os valores estratéxicos que debe amosar o Camiño, o primeiro a hospitalidade, como parte da cultura galega por ser unha terra de acollida e de xentes abertas. «Debe ser un un Xacobeo sustentable, dende o punto de vista social, económico e ambiental. Un xacobeo creativo, innovador, contemporáneo, compaxinando o respecto coa tradición e modernidade, reinterpretándonos dende o respeto polas nosas raíces», apuntou.

Ademais, engadiu, ten que ser un Xacobeo perdurable, «pois no remata no 2021», un Xacobeo multicultural, plural, integrador, accesible e que poña atención na igualdade.


Publicidad

Cecilia Pereira tamén citou os principios de xestión: a participación, transversalidade, igualdade, calidade, sustentabilidade, internacionalidade e impulso ao talento local. «O Xacobeo é un acontecemento único no mundo. Debe axudar a coñecer mellor Galicia», concluiu.

También te puede interesar