Milladoiro amenizou a noite previa a Festa do Botelo cun gran concerto

17 enero, 2020 ACTUALIDAD , CULTURA , O BARCO

A banda compostelá realizou un concerto ante un Teatro Lauro Olmo entregado na noite previa a Festa do Botelo

A Festa do Botelo cumpre 20 anos nesta edición, e que mellor forma de celebralo cun concerto cunha das bandas por excelencia do panorama musical galego.

Neste caso foi co concerto da banda Milladoiro, nunha actuación que apenas deixou butacas libres no Teatro Lauro Olmo xa que o público valdeorrés non dubidou a hora de acudir a este concerto dos coruñeses, que malia non ser a primeira actuación no Barco, si facía bastantes anos que non actuaban en Valdeorras.

Publicidad

Milladoiro formou parte da xeneración de xovenes pioneiros que, a mediados dos anos 70, decidiu investigar e recuperar as raíces baixo o liderato do noiés Rodrigo Romaní e o ferrolán Antón Seoane.

Froito do seu traballo naceu o disco “Milladoiro”, Premio da Crítica no ano 78. Coñeceron a quen nese tempo poñía en marcha o núcleo do futuro Grupo de Cámara da Universidade de Compostela.

Fondos musicais de catedrais, arquivos de música antiga, etc. eran o seu afán, e así pasaron de cinco a seis coa chegada de Xosé A. Méndez. Tan só faltaba atopar violinista, tarefa case imposible na Galicia de entón, mais a emigración foi xenerosa e devolveu ao país a quen se marchou no seu día: Laura Quintillán, violinista de Milladoiro nos anos 79 e 80, posteriormente substituída por Michel Canada. Actualmente o posto de violinista ocúpao Harry. c. No ano 2000 produciuse no grupo a marcha de Rodrigo Romaní, incorporándose o harpista Roi Casal, así como o guitarrista Manú Conde.

No 2018, o grupo lanzou ‘Atlántico’, un novo traballo de natureza conceptual que abarca o contacto de Galicia coas terras do novo mundo e do norte. Milladoiro, celebrou no 2019 o seu 40 aniversario ao servicio da música tradicional galega así como da renovación da mesma.

También te puede interesar