Carballeda buscará potenciar os seus terreos

13 febrero, 2021
Carballeda buscará potenciar os seus terreos
Publicidad

Este proxecto busca recuperar os terreos abandonados e potenciar o patrimonio cultural situado nestas parcelas, próximas ao Camiño de Inverno

A alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, Mari Carmen González, buscará potenciar xunto ao Goberno da Xunta de Galicia os diferentes terreos da zona mediante a plantación de castiñeiro ou oliveiras, valorando tamén a posibilidade de recuperar, ao tempo, patrimonio cultural situado nestas parcelas, próximas ao Camiño de inverno.

Esto decidiuse na reunión que tiveron o conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, ca rexedora.

Así mesmo o conselleiro visitará o municipio para poder avaliar o proxecto, na xuntanza tamén valoráronse as ofertas entre os posibles beneficiarios a nova liña de axudas convocadas pola Xunta para fomentar a boa gobernanza e a profesionalización dos montes veciñais en man común.

Publicidad

Estas trátanse dunhas subvencións que se veñen de convocar no DOG e que para o conxunto de Galicia teñen un orzamento total de 1,5 millóns de euros.

As mesmas están orientadas a profesionalizar a xestión das comunidades de montes veciñais en man común, apoiando os traballos administrativos e técnicos para o desenvolvemento dos instrumentos de ordenación ou xestión forestal (IOXF) aprobados.

Tamén servirán para sufragar a certificación forestal destes montes, financiar a revisión dos esbozos que recollen os seus límites ou para apoiar todo o relacionado cos deslindamentos parciais, para poder delimitar legalmente e dun xeito consensuado os límites entre as distintas propiedades.

También te puede interesar