A Veiga agarda ter o Nadal máis enxebre de Galicia

9 diciembre, 2019
A Veiga agarda ter o Nadal máis enxebre de Galicia
Publicidad

Esta fin de semana celébrarase a primeira Feira de Produtos da Alta Montaña Galega con diversas actividades

O Concello da Veiga propúxose ter unhas navidades tan completas como enxebres comezando, esta mesma fin de semana coa celebración da primeira Feira de Produtos da Alta Montaña.

Esta mostra é un éxito dos veciños e produto do seu traballo, así o afirmou o seu alcalde, Juan Anta: «A feira mestura un montón de boas noticias, unha é a de por en valor a nosa Faba Loba, o noso mel e a unión da xente. Esta fin de semana verase reflexado con 20 stands de xente que son veciños que, fai catro anos non tiñan ningún tipo de produto e, coa súa ilusión e esforzo vanos levar aí. A día de hoxe moitos deles comezan a vivir en parte desa mel e venderán en curto prazo a faba, pero sobre todo convérteos nuns agricultores moi orgullosos».

Publicidad

Outro reto que teñen plantexado dende o Concello é o de ter o Nadal máis enxebre de Galicia: «Non teño ningunha dúbida, vamos a facer a decoración máis enxebre de Galicia, na que se utilizarán recursos naturais, produtos exclusivamente nosos, da alta montaña. Será a máis extensa de Galicia, refírome a que, toda A Veiga estará decorada. O pobo será un decorado navideño, enxebre e orixinal».

O rexedor explicou que é unha actividade na que unha vez máis o municipio da Veiga únese para lograr un novo reto: «É unha maneira de entender o Nadal, de continuar con todo o que facemos ao largo do ano, de que un pobo unido sen que o Concello se gaste un diñeiral. Conseguimos que todos os veciños traballen conxuntamente dende a ilusión e se transforme en algo do que me sinto tremendamente orgulloso; e que A Veiga sexa o Nadal máis enxebre de toda Galicia».

Se queres escoitar todo o que dixo Juan Anta, alcalde de A Veiga, podes facelo na seguinte ligazón:

También te puede interesar