A totalidade de aldeas do Bolo foron desinfectadas por voluntarios

28 marzo, 2020

Adegueiros, viticultores, Protección Civil e persoal do concello colaboraron na limpeza

No Bolo tocou onte pola tarde arrimar o ombreiro e poñerse coas labores de desinfección de todas as aldeas do concello.

Os adegueiros e viticultores puxeron os seus tractores a disposición da causa . Así, segundo informan desde o Concello, o adegueiro Rafael Palacios acudiu con tres tractores conducidos por el mesmo e dous dos seus traballadores Paco e Darío. Adega Viña Corzo tamén participou con un, igual que a Bodega De Telmo Rodríguez. Os viticultores de Chandoiro non quixeron faltar á cita. Acudiron: Daniel, Raquel, Manolo, Santiago e Baldomero. Desde Outar de Pregos, Vicente tamén foi co seu vehículo agrícola e contou coa axuda de Laudino.

Publicidad

Por parte do Concello foron Quico e o seu fillo Roberto quen dotaron a pick-up do ente local cun depósito co que tomaron parte nas labores de limpeza.

Tractor desinfectando as rúas de Celavente

O punto de encontro foi a gasolineira de Lentellais desde onde partiron para as diferentes aldeas. Máis de 15 persoas participaron nas tarefas realizadas en lugares como: Celavente, Chandoiro, As Ermitas, Outar de Pregos, Lentellais, Chandoiro ou a propia capitalidade do municipio, O Bolo.

Publicidad

Desde o Concello agradecen a participación dos voluntarios e sinalan que sen eles non houbera sido posible facer a desinfección, e en tan pouco tempo.

O Bolo únese así a outros concellos que xa realizaron estas desifencións: Manzaneda, A Veiga, O Barco, A Rúa, Petín ou Vilamartín entre outros.

Tractor desinfectando nunha rúa do Bolo próxima ó centro de saúde

También te puede interesar