A Plataforma pola Sanidade da Rúa reclama entrevistarse co alcalde

16 julio, 2019
A Plataforma pola Sanidade da Rúa reclama entrevistarse co alcalde

Reivindican que dea contas do estado da construción do novo centro de saúde

A Plataforma pola Sanidade de A Rúa solicitou esta mañá unha entrevista co alcalde da Rúa, Álvaro Fernández. Reclaman que lles explique cal é o estado da tramitación dos terreos para a construción do novo centro de saúde.


Publicidad

Fai varios anos a Consellería de Sanidade solicitara os terreos ó concello, pero este aínda non os dispuxo. O alcalde rués afirmaba neste mesmo medio fai unha semana que é un tema prioritario na súa axenda e que conta cun plan B.

O representante do persoal do centro de saúde, Pablo Deramond, afirmou esta mañá que apoiarán calquera iniciativa levada a cabo polo concello, pero que “o dicir que hai un plan A, un plan B, levámolo escoitando moitísimo tempo”. “Os veciños teñen dereito a que o seu alcalde lles conte en primeira persoa que é o que se está a facer e por onde van as cousas”, comentaba.


Publicidad

Esta plataforma leva desde febreiro reclamando a construción do novo ambulatorio da Rúa, manifestándose cada luns no actual centro de saúde.

Se queres escoitar as declaracións de Pablo Deramond, fai clic na seguinte ligazón:

También te puede interesar