A Festa das Covas de Vilamartín xa ten vídeo promocional

17 julio, 2019 ACTUALIDAD , VÍDEO , VILAMARTÍN
A Festa das Covas de Vilamartín xa ten vídeo promocional

A Asociación de Coveiros de Vilamartín inclúe un vídeo da pasada edición para a promoción do festa que será o vindeiro 3 de agosto

A vixésimo terceira Festa das Covas de Vilamartín dáse a coñecer a través dun vídeo promocional que ven de ver a luz hai dous días.

A Asociación de Coveiros de Vilamartín quere dar a coñecer momentos da pasada edición da festa cas imaxes en movemento e pequenos vídeos ensamblados. Recordar que, dentro das promocións deste evento está tamén o agasallo de entradas a través do Facebook da asociación. A gañadora do soteo do día 15 foi @chusnenalinda.


Publicidad

Nesta edición serán 44, as adegas participantes. Abrirán as súas portas a partir das 20:30 horas do sábado, 3 de agosto —primeiro sábado do mes, data elixida pola organización ano tras ano para celebrar a festa—. Xa se poden adquirir as entradas anticipadas a 12 € en www.ataquilla.com.

En todas as adegas ademais de viño poderase comer xamón, chourizo, salchichón, queixo, empanadas de todo tipo e bica. Coa entrada cada persoa recibirá unha cunca e un pano de regalo. Hai que significar que a cor do pano é nova todos os anos e os coveiros gardan este segredo até o propio día.


Publicidad

O roteiro estará amenizado por charangas e grupos de gaitas. Ó peche das covas, ás 00:00 horas, a festa trasládase ás inmediacións do campo de fútbol, onde unha discoteca móbil e o grupo Fénix encargaranse de que ninguén deixe de bailar toda a noite.

Os organizadores pon un servizo de autobuses entre A Rúa e  O Barco, para que non haxa escusa para botar un —ou máis— grolo. A saída do trasporte gratuíto será as 19:40 desde A Rúa e ás 20:30 desde O Barco. A volta ás 3:00 horas.

Para saber todo o que está a acontecer na festa o mellor e consultar a redes sociais dos coveiros ou os carteis obra de Álvaro Rodríguez Pérez.


Publicidad

A antesala á festa das Covas é a ruta que recibe o nome de «A Pequena». Celébrase a véspera e nela son os coveiros os que desfrutan das covas. Ese día tamén se da lectura ó pregón. O maxistrado, Ignacio Candal será o pregoeiro desta edición.

Se queres ver o vídeo de promoción da Festa das Covas de Vilamartín fai click na seguinte ligazón:


También te puede interesar