A divulgación astronómica chega ó Barco ca actividade «O camiño das estrelas»

5 octubre, 2019 ACTUALIDAD , CAMIÑO INVERNO , O BARCO
A divulgación astronómica chega ó Barco ca actividade «O camiño das estrelas»

Levarase a cabo na explanada do Malecón —onde se celebran as festas— a partir das 20:30 horas e estará aberta a todos os públicos

A divulgación astronómica e a observación do firmamento  «O Camiño das estrelas. As estrelas do camiño» retómase hoxe, 5 de outubro na praza da festa, no paseo do Malecón do Barco.  Esta actividade programada para o pasado 9 de setembro quedaba suspendida por mor das circunstancias climatolóxicas  A presenza das nubes non permitiron realizala. Será a partir das 20:30 horas e estará aberta a todos os públicos.

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC será o encargado de desenvolver , esta noite no Barco, un amplo conxunto de actividades de divulgación astronómica . Este proxecto lévase a cabo nos distintos concellos polos que transcorre o Roteiro Xacobeo dentro do proxecto «O  camiño dás  estrelas.  As  estrelas  do  camiño».

O propósito deste proxecto é poñer en valor o significado da Vía Láctea e a súa relación co acto Xacobeo, explicando en que condicións marca o camiño cara a Compostela. Ademais, o proxecto penetrará aos participantes no mundo da astronomía mediante charlas e observacións astronómicas nocturnas tanto a primeira ollada como con telescopios. Este é unha actividade que forma parte do programa O teu Xacobeo financiando pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

También te puede interesar