Xurxo Souto regresa hoxe a Valdeorras

3 julio, 2020
Xurxo Souto regresa hoxe a Valdeorras

Xurxo Souto, narrador coruñés volve hoxe a comarca para presentar “Océano para terrícolas” na Casa Grande de Viloira

Xurxo Souto volta hoxe a comarca de Valdeorras, lugar onde fai máis de 30 anos tivo unha anécdota cando acudiu ata a localidade para dar un concerto co grupo “Os Diplomáticos” nun escenario idílico a veira do Río Sil.

Publicidad

Tal e como detalla Souto, fixeron as probas, tomaron un vaso de viño, ou dous e chegou o momento de actuar ante os barquenses: «O batería pronunciou as palabras máxicas: Un, dous, tres, catro, dálle! Nese momento comezou a soar outro boureo moito máis poderoso: Auga si! Música non!».

O artista coruñés sinalou que de aquelas había un problema coa traída de auga e un grupo de señoras, petando nas cazolas, deixaba clara a súa protesta. Subindo incluso ao escenario, entón chegou Graciano, o punki do Barco, o cal tamén subiu ao escenario, e como lle indicou aso alí presentes: «Tranquilos, mañá vou ir berrar eu en misa de doce: Auga si, misa non» ainda que Souto non sabe se iso ocorreu realmente ou non.

O que si sabe e que esta tarde estará nos xardíns da Casa Grande de Viloira a partir das 20:30 horas -dentro do Ciclo De Perto– con “Océano para Terrícolas” obra narrativa na que contará anécdotas aos presentes así mesmo espera unha reciprocidade cos asistentes e que eles tamén participen contando as súas propias anécdotas entre eles Graciano, co cal xa contactou: «Xa falei con el, é taxista no Barco entón ao mellor non pode acudir porque ten uns horarios complicados».

Se qquerés escoitar todo o que dixo Xurxo Souto, podes facelo premendo na seguinte ligazón:

También te puede interesar