Xa están colocados os Maios na praza do Príncipe do Barco

1 mayo, 2019
Xa están colocados os Maios na praza do Príncipe do Barco

Ao longo da mañá a praza barquense era un fervedoiro de xente arranxando as esculturas florais e colocando os postos da feira de artesanía

É unha tradición que pervive ao longo dos anos e unha das poucas localidades galegas onde se celebran os Maios como antigamente. Neste senso hai que ter en conta que Ourense, capital, leva todos os honores.

Xa están colocados os postos de artesanía e produtos tradicionais. Logo virán as actuacións musicais de Abertal e o grupo Aires del Cabrera de Pombriego.

As 13:30 horas as coplas serán as protagonistas e xa pola tarde guiñol e resultado do concurso de coplas e de Maios.

Unha celebración organizada polo Concello do Barco e o Centro Comercial Abero, nunha xornada que estará marcada polo bo tempo.

También te puede interesar