Volven as Camiñadas Culturais cun percorrido por terras de Viana do Bolo

21 octubre, 2017
Volven as Camiñadas Culturais cun percorrido por terras de Viana do Bolo
Publicidad

O concello de O Barco retoma mañá domingo día 22 de outubro, un novo periodo de Camiñadas Culturais tras o parón do verán.  Desta vez a camiñada, accesíbel para todos os públicos, será de 8 km en total, de aproximadamente dúas horas e media de duración e terá lugar en terras de Viana do Bolo.

Dende a concellaría de cultura, Margarida Pizcueta fai incapé no interese que ten esta ruta inspirada “na seca que tivemos durante todo o verán”. Os participantes camiñarán “polas zonas que quedaron asolagadas cando fixeron o Embalse do Vao, e que emerxeron agora pola falta de chuvia”.

O punto de partida será na entrada de Viana do Bolo ás 9 da mañá “para que nos dea tempo porque esta ruta ten dúas etapas e hai moito que ver”. O percorrido irá por una marxe do río aproveitando a antiga estrada según conta a concelleira, “que quedou asolagada no ano 1960 e é moi fácil de transitar, chaira e sen desniveis”.

No camiño poderán verse construccións relacionadas coa arquitectura popular galega, destacando entre todas elas “varias pontes coma a do Bibei e dous muiños, o máis notable o de San Cibrao que aínda conserva a canle que facía mover a roda”. O feito de ser unha zona que sae agora á luz despóis de quedar asolagada fai que “no percorrido non se atopen feísmos, só angigas construccións, nin uralitas, nin ladrillos, todo pedra orixinal cen por cen”.

Dende a concellaría animan a todo o mundo “a poñerse as botas e participar sen medo” na que será unha xornada moi interesante que contará coa presenza de Santiago Ferrer quen comentará as construccións tradicionais que irán aparecendo no camiño. Para participar non é necesario a inscripción previa.

También te puede interesar