Os viños de Valdeorras conquistaron o Fórum Gastronómico da Coruña

13 marzo, 2019 ACTUALIDAD , EMPRESA
Os viños de Valdeorras conquistaron o Fórum Gastronómico da Coruña

O presidente do Consello Regulador cualifica de «moi exitosas» as accións de promoción efectuadas neste foro, que se celebrou entre o domingo e o martes na cidade herculina

O presidente da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando, cualificou de xeito moi positivo as accións promocionais dos viños valdeorreses impulsadas desde o Consello Regulador e desenvoltas no marco do Fórum Gastronómico da Coruña.


Publicidad

Entre o domingo 10 de marzo e o martes 12, celebráronse en ExpoCoruña diferentes catas comentadas dos viños da D.O. Valdeorras, dirixidas a público especializado. Jorge Mazaira, director técnico del C.R.D.O protagonizou unha destas catas realizadas na prestixiosa feira de gastronomía.

Jorge Mazaiura nun intre da cata comentada

Xunto a isto, varias referencias de viños valdeorreses puideron degustarse no Túnel do Viño «Galicia en Cata»  organizado por Agacal no marco do Fórum Gastronómico, no que tamén houbo marcas doutras denominacións de orixe galegas.


Publicidad

Máis de 24.000 persoas pasaron por ExpoCoruña ao longo dos tres días de intensa actividade do Fórum Gastronómico, superando a cifra da última edición deste consolidado salón. Charlas, ponencias, conversas, talleres, showcookings encabezados por primeiros espadas internacionais e tamén catas comentadas dos técnicos das diferentes denominacións de orixe tiveron cabida na presente edición.

Espazos expositores propios

Estas accións complementáronse cos espazos expositores propios que bodegas como Quinta da Peza e cooperativas como a Bodega Cooperativa Jesús Nazareno dispuxeron en expoCoruña.


Publicidad

E tamén, cunha programación propia no marco do Fórum baixo unha marca e un formato especiais dedicados ao viño: Wine Circus-Fórum Vino, de vocación vangardista e na que diversos adegueiros galegos, entre eles Rafa Palacios de Valdeorras, mantiveron conversas sobre viño cos asistentes.

También te puede interesar