Vilariño de Conso xa conta co columpio máis alto de Galicia

1 diciembre, 2020
Vilariño de Conso xa conta co columpio máis alto de Galicia
Publicidad

Este columpio está situado nun dos miradores pertencentes ao Camiño de Santiago

O Concello de Vilariño de Conso rematou a instalación «dun dos columpios máis altos de Galicia» tal e como subliñou a alcaldesa da localidade Melisa Macía, co fin de dinamizar o Camiño de Santiago.

Este balancín está situado en plena Ruta da Prata do itinerario Xacobeo, e como afirman dende o consistorio pódese ver perfectamente dende a OUR-CU-346 que vai dende Vilariño ata A Gudiña «está situado a 1000 metros de altitude, e conta cunhas vistas impresionantes hacia os montes de Camba e o Encoro das Portas» subliñou Macía.

Publicidad

O obxetivo desta construcción e dinamizar o camiño de cara ao 2021, que será ano santo, pero esta non é a primeira actuación, xa que nas últimas datas en colaboración ca Xunta de Galicia veñen de facerse obras de mantemento en tramos do percorrido «porque xa lle facía falta».

De cara ao Nadal dende o consistorio xa están a programar diversas actividades para que ningún cativo se quede sen ver aos Reis Magos de Oriente, por elo neste 2020 os mesmos irán visitando as diferentes aldeas onde residen nenos, e así mesmo os diferentes talleres que adoitan realizarse en Vilariño tamén distribuiránse polos diferentes núcleos de poboación.

A alcaldesa recorda así mesmo que actualmente os que o desexen poden apuntarse tanto para sacar o graduado escolar, aínda que xa comenzaran as clases, e tamén se son demandantes de emprego no obradoiro que comenzará a comenzos do ano que ven.

Se desexa escoitar todo o que salientou Melisa Macía, rexedora de Vilariño, pode facelo na seguinte ligazón:

También te puede interesar