Vilariño de Conso arranxou unha ruta de sendeirismo até a entrada do Parque do Invernadeiro

19 abril, 2019 ACTUALIDAD , VILARIÑO
Vilariño de Conso arranxou unha ruta de sendeirismo até a entrada do Parque do Invernadeiro

Vai desde o pobo de Edrada até a entrada do parque natural e fíxose cos fondos de Rede Natura da subvención do pasado ano

Con fondos concedido por Rede Natura na subvención de Parque Natural de 2018, arranxouse unha ruta de sendeirismo que vai desde o pobo de Edrada até a entrada do Parque Natural do Invernadeiro, dentro do concello de Vilariño.


Publicidad

Esta ruta, segundo nos explica Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso, ten dúas variantes. Unha, duns 7 quilómetros que vai de Edrada ao Parque do Invernadeiro. A outra vai dar ao miradoiro do Cenza, cruza o río e volve por San Mamede para ver os sarcófagos de pedra desta localidade e a cova de Chellos. Baixa  pola calzada romana, Via Secundaria de la  Via Nova, pola que estos pobos sacaban o ouro. O Pontón Romano está declarado Ben de Interese Cultural—, para volver ao punto de partida, ó pobo de Edrada. É duns 16 quilómetros e nesta ruta pódese observar unha das cascada de maior caída de Galicia.

Mirador da Cova de Chellos

O presuposto concedido por Medio Ambiente foi de 50.000 euros que se empregaron para acondicionar, limpar, sinalizar e por paneis informativos.


Publicidad

A súa alcaldesa Melisa Macía está moi satisfeita desta actuación xa que como ela mesma relata, «Nos non temos entrada directa ao parque, e si que é verdade que para min é un logro que se conseguira esta entrada directamente a través dunha ruta de sendeirismo que engloba as rutas que xa hai no parque».

A concurso a explotación do albergue

O pasado luns tamén se sacou a concurso a explotación do albergue para as empresas que queiran presentar as ofertas. É un albergue turístico de segunda categoría que dispón de 32 prazas. Está acondicionada a cociña e o resto de mobiliario terao que instalar a empresa adxudicataria.

Esta nova infraestructura permite crear un novo aloxamento na capitalidade do Concello e así potenciar o turismo.

«Trátase de dar dinamización a zona», sinala a alcaldesa; por iso valorarase sobre todo o plan de dinamización que presenten as empresas apunta Melisa. O aluguer vai ser de 2.500 euros o ano, «é case un regalo. Pero vamos darlle moita importancia á organización de rutas os fins de semana. Que se promocione a actividade de raquetas sobre neve, rutas a cabalo, en quad, sendeirismo, barranquismo —xa que isto está aínda sen explotar e ven moita xente—».


Publicidad

Dar a coñecer as rutas que hai e potencialas. Así como darlle visibilidade a Vilariño para dinamizar este núcleo de poboación rural é un dos cometidos da alcaldesa que quere por, dunha vez por todas, o seu Concello en valor.

También te puede interesar