Vilamartín levará a pleno a defensa da Atención Primaria

12 febrero, 2019 ACTUALIDAD , VILAMARTÍN
Vilamartín levará a pleno a defensa da Atención Primaria

Unha moción do grupo de goberno socialista buscará o apoio da corporación «en contra da desatención profesional» nos centros sanitarios

O alcalde socialista de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro, e o seu grupo, presentarán o próximo xoves, unha proposta relativa «ó desmantelamento e desatención profesional dos centros de Atención Primaria», ca que desexan acadar o consenso e apoio de tódolos grupos políticos.

«Esto é unha teima que todos estamos reclamando dende fai tempo», explica Álvarez Barreiro, e insiste en que «dende o Concello non queremos quedarnos atrás», razón pola que presentarán una moción que pretende defender «o que é noso». O rexidor engade ademáis, que «é unha pena que esteamos a pelexar por cousas que xa eran nosas e que perdimos, pero que non debemos desistir, porque estamos situados lonxe de todo e debemos estar presentes nestas reivindicacións».

Pasando lista aos proxectos de 2018

O pleno ordinario do mes de febreiro, que terá lugar o vindeiro xoves día 14, contempla ademáis, na orde do día, a exposición dos resultados do ano 2018 en canto ás obras e proxectos que se puxeron en marcha «cumplindo a casi o 100% cos presupostos dos que disporamos», explicóu.

«Pasaremos lista», conta Barreiro, en referencia á forma de proceder no pleno. «Durante a sesión plenaria, cada concelleiro detallará os proxectos levados a cabo durante o 2018, unha forma de dar a coñecer o que se fixo durante o ano para que se coñeza e os veciños o saiban», conta o primeiro edil. De feito, reiterou o feito de que no Concello de Vilamartín, unha vez levantada a sesión, os veciños e veciñas están invitados a participar facendo rogos, preguntas, queixas e suxerencias.

También te puede interesar