Vilamartín celebrou o magosto a pesar da choiva

2 noviembre, 2018
Vilamartín celebrou o magosto a pesar da choiva
Publicidad

A choiva non deixou celebrar o magosto na praza José Luis Núñez de Vilamartín, pero non por iso deixaban os vilamatineses e achegados de celebrar esta festa popular. Como xa estaba previsto, en caso de que o tempo non acompañara, a celebración trasladaríase ao Centro Cultural Santa Lucia, como así foi.

Mentres os organizadores: Coveiros de Vilamartín, Folión Os Viticultores e Mulleres Rurais Cima de Vila se repartían as tarefas, uns asando as castañas ao lado do local do centro social e outros repartindo os bolos preñados e o viño dentro do local, os asistentes, que foron moitos, deron boa conta da merenda. O Viño foi doado pola Denominación de orixe Valdeorras y os coveiros de Vilamartín.

 

Centro Social Santa Lucia o día do magosto

Centro Social Santa Lucia o día do magosto

 

Ademais a organización propuxo, un ano máis,  un concurso de doces que fixo as delicias dos máis larpeiros xa que as lambonadas repartíronse entre os participantes do magosto. Sete foron os  doces que se presentaron a este concurso que contou cun xurado moi especial formado por un grupo de nenos emulando aos do concurso da cociña da televisión. Houbo agasallos para todos os participantes: dúas plantas doadas por Viveros Vedo, un set de manicura da perruquería Duar, tazas de barro da Asociación de Coveiros, licor de herbas do Folión os Viticultores e un mandil do Merca China.

 

Facendo o lume para asar as castañas ao carón do Centro Santa Lucía

Facendo o lume para asar as castañas ao carón do Centro Santa Lucía

Fotos cedidas

También te puede interesar