VÍDEO. Espectacular saída do Descenso do Sil e da corrente do Cachón

18 septiembre, 2017 ACTUALIDAD , CRISTO 2017 , O BARCO , PIRAGÜISMO , VÍDEO
VÍDEO. Espectacular saída do Descenso do Sil e da corrente do Cachón

 

Espectacular arranque do Descenso do Sil nestas festas do Cristo 2017. Os piragüístas atopáronse cunha corrente moi intensa a poucos metros da saída, onde se xuntan as augas do río Casoio e do Sil. A forza do auga, con máis de 40 metros cúbicos por segundo, provocou que moitos participantes sufriran dificultades para superar os primeiros cen metros de descenso.

Outro punto conflictivo do percorrido é o Cachón das Baratas, unha zona de rápidos onde se decide a cabeza de carreira. De feito, ata esta zona chegou sen remo Borja López, que o perdera na coñecida Corrente dos Grafitos. O barquense, actualmente no Clube Olívico de Vigo, conseguiu superar o Cachón despois dunha caída recibindo os vítores do público, xa que  é un dos lugares preferidos para ver o Descenso.

También te puede interesar