Viana pedirá á Xunta que o seu Entroido sexa Festa de Interese Turístico Nacional

21 julio, 2018
Viana pedirá á Xunta que o seu Entroido sexa Festa de Interese Turístico Nacional
Publicidad

O concello de Viana do Bolo instará á Xunta de Galicia que tramite o expediente para declarar o Entroido do municipio como Festa de Interese Turístico Nacional. Así acordábase no último pleno ordinario celebrado no mes de xullo, trala presentación dunha moción da oposición socialista, presentada xa no ano 2014, que aprobábase finalmente por unanimidade.

Nela, relataba Germán García-Ávila, secretario da agrupación, instábase ao concello «a que contactase con Turismo da Xunta, a fin de «recabar detallada información sobre a documentación que é necesario aportar para realizar a solicitude». A presentación desta moción, chegaba despóis de que a parlamentaria socialista, Noela Blanco, reclamase no Parlamento galego información sobre o estado desa tramitación cuxa resposta foi «que non constaba a entrada desta solicitude en Turismo de Galicia», explicou García-Ávila.

A oposición, como explica o secretario, «non pretende afondar nin polemizar sobre quén ten a responsabilidade, sólo quere que se tramite urxentemente o expediente e sexan informados dos pasos que se van dando». Trala aprobación, agora o concello terá que contactar con Turismo de Galicia e solicitar detallada documentación para «adoptar las medidas que axilicen os trámites correspondentes», explicó.

También te puede interesar