A Veiga acolle unha regata de piragüistas infantís

7 abril, 2017
A Veiga acolle unha regata de piragüistas infantís
Publicidad

O Concello de A Veiga acollerá o vindeiro 15 de abril unha regata para palistas infantís de toda Galicia.

O alcalde da localidade, e deputado provincial de deportes, Juan Anta, reuniuse fai uns días co presidente da Federación Galega de Piragüismo (FEGAPI), Alfredo Bea, para falar da relevancia do deporte en xeral, e do piragüismo en particular, na provincia de Ourense.

No primeiro punto trataron con detalle a organización das dúas próximas regatas galegas que se celebrarán neste mes de abril. A primeira delas en A Veiga, e a seguinte en Barra de Miño, Coles.

Anta asegurou que a súa intención é “explotar os recursos da zona e apoiar o deporte, especialmente o piragüismo”, xa que o entorno natural de A Veiga cumpre coas condicións idóneas para celebrar unha competición como esta.

Espérase que se acheguen ata esta localidade uns 400 rapaces, aproximadamente, que se desprazarán dende distintos puntos de Galicia para participar nesta regata.

Tanto o presidente da federación, como o alcalde e deputado, coincidiron na gran proxección que teñen as actividades náuticas como xeradoras de recursos económicos e turísticos para a provincia, polo que acordaron potenciar as actividades a nivel provincial nunha clara aposta polo piragüismo e os deportes de auga. Comprometéronse, ademais, a deseñar un plan provincial de bases náuticas en distintos concellos, que a deputación presentará na próxima reunión que se celebrará o vindeiro 15 de abril ao remate da regata de infantís que se disputará no Concello de A Veiga.

También te puede interesar