Os veciños de Arcos denuncian o abandono das beirarrúas no entorno do centro comercial de A Proba

9 agosto, 2019 ACTUALIDAD , O BARCO
Os veciños de Arcos denuncian o abandono das beirarrúas no entorno do centro comercial de A Proba
Os veciños de Arcos denuncian o abandono das beirarrúas no entorno do centro comercial de A Proba

Reclaman a limpeza das beirarrúas no entorno do centro comercial barquense

A Asociación de Veciños San Lourenzo de Arcos de Valdeorras denuncia ó abandono das beirarrúas da N-536, ao seu paso polas inmediacións do centro comercial de A Proba no concello de O Barco de Valdeorras.

Esta asociación ven a esixir a propietaria da estrada, o Ministerio de Fomento (Delegación de Ourense – Unidade de Estradas), a limpeza mediante desbroce do tramo de beirarrúa pola que transitan a diario centos de persoas, tanto do concello de Vilamartín coma de O Barco de Valdeorras.

Así o fixo saber o seu presidente Jesús Dorado Noya cando foi consultado por este medio: “Nos como veciños e veciñas de Vilamartín miramos sobretodo polo tramo que transitan os nosos veciños ata o centro comercial, que se encontra nunha situación na que nalgún momento poda suceder algunha desgraza. Xa falamos co Ministerio de Fomento e fai unha semana pasou un operario que actuou xusto a altura da estrada deixando o resto, para nos e lamentable porque cando se limpa unha estrada debe facerse en condicións”.

Un tramo de cen metros de estrada que segundo esta organización veciñal están obrigados a mantér en condicións óptimas de conservación, referíndose ao Ministerio de Fomento, redundando desta volta nunha diminución da siniestralidade de peatóns, favorecendo a seguridade na circulación de vehículos. Así mesmo dende esta Asociación tamén denuncian a parálise da veciñanza do concello de O Barco de Valdeorras, polo feito de que son moitas as persoas deste concello que camiñan a diario.

A AAVV. San Lourenzo de Arcos quere resaltar que unha asociación de veciños do concello limítrofe co de O Barco de Valdeorras, teña que manifestarlle ao Ministerio de Fomento a obrigatoriedade que ten cos veciños desta terra chamada Valdeorras da limpeza deste tramo de beirarrúa: “Tamén llo trasmitimos a Alfredo García alcalde de O Barco, mediante un escrito, pero obtimos silencio. Sabemos que non é da súa competencia -respecto ao Concello do Barco- pero xa que é dentro do seu ámbito de actuación entendemos que podría botar unha man”.

Se queres escoitar as declaracións do presidente da AAVV. San Lourenzo de Arcos de Valdeorras únicamente tes que premer no seguinte enlace:

También te puede interesar