Valentina a cría de Luna xa ten unha semana de vida

12 enero, 2020

Publicidad

A vaca que «só lle falta falar» acaba de ter unha cría, a primeira femia despois de partir dez veces.

Valentina naceu o pasado tres de xaneiro «amañecendo o tres, o día dos á noite entre os Reis e o Ano Novo», subliña Seli a súa ama. Seli é de Éntoma e saca a pacer a Luna a un prado ó carón da estrada que une Sobradelo e O Barco, así que son moitos os que quedan prendados desta fermosa vaca. Tamén son moitos os que lle sacan fotografías xa que a cuadra onde está queda cerca do Camiño de Inverno polo que transitan moitos peregrinos. «Como está tan o xeito, o pé da igrexa veina eiquí e na corte, e todos sácanlle as fotos», sinala Seli.

Luna e Seli cando as coñecemos o carón da estrada

 «O ouro día veu un matrimonio cun neno e puxéronllo nas «paletillas» e cando a vaca agachaba un pouco a cabeza pra coller a herba para comer, o neno baixaba polo pescozo abaixo e quedaba na fronte da vaca. Non ten cornos pero, nese cachiño que levanta, alí quedaba». A Seli gústalle que xoguen coa súa vaca, porque se algo ten Luna é que é moi «cariñosa», si te acercas ela e lle rascas entre os ollos ou cerca da boca saca a lingua e lámbeche todo o brazo. O principio impón, é tan longa que parece unha serpe enrolándose pola extremidade, case que chega con ila o cóbado.

Publicidad

Luna é unha vaca sen cornos, algo que a Seli lle parece estraño. «A madre tiña cornos en cambio ela non», sinala ó respecto. «Criámola na corte por iso saen tamén máis cariñosas fálaslle; inda lle dixen esta mañá o meu fillo, si vivira o teu padre e vira isto ca vaca». Seli emociónase recordando o seu home. Hai tres anos que finou e tiña verdadeira devoción pola vaca, segundo ela mesma asegura. «Podía marchar as sete da mañá en aiunas  pero a vaca non quedaba sen comer», di cos ollos cheos de bagoas.

A lingua de Luna sae cada vez que se lle acaricia o morro

Seli sempre recorda ter vaca, incluso máis dunha, xa que se utilizaban para facer as labores do campo, daban leite e carne. «Nos tiñamos antes a vaca para arar, para traballar, antes non había tractores. Antes arábanse con elas os bacelos e as terras. Botábanse as patatas, e o pan, e todo; esta no, esta non chegou a facer nada. De aquí pro prao e do prao preiquí», dice referíndose a Luna.

Matías peitea a Luna mentres Valentina mama

A vaca ten entretida a Seli pero ela por quen suspira e polos seus netos. Durante toda conversa Matías —o neto maior que vive en Éntoma— estivo presente e até tivemos que ir a buscalo para facerlle a foto ca vaca. Matías quere con loucura a Luna e tamén a xatiña Valentina. O ratiño que estivemos na corte deulle unha mazurca de millo, cepillou a nai e cría e non quixo achegarse a Luna para que a xatiña mamara ben.

O outro neto de Seli, Fabián acariciando a Luna

Matías ten obsesión que se lle escape Valentina e por iso quere que a porta sempre estea pechada. As anteriores crías de Luna escaparon todas chegadas unha idade, nos di Matías quen tamén nos conta que a todos lle puxeron Valiente e agora como a cría e femia chámase Valentina. Tamén nos acompaña nesta reportaxe Fabián, o irmá de Matías, é máis pequeno e tenlle un pouco de medo a Luna xa que e moi grande.

Josefa, unha veciña de Éntoma falando con Seli na corte

Unha tarde chea de emoción e de tenrura a pasada en Éntoma para poder escribir de  Luna. Como dice Seli que di Matías: « así dice o meu neto, abuela tu dices que só lle falta falar a Luna».

Videos de Luna

Matías conta como se chama a cría de Luna e por que.

Luna dando de mamar á xatiña:

Matias peitea a Luna mentras Valentina mama:

También te puede interesar