Unhas pedras nun camiño enfrentan a goberno e oposición no Bolo

7 noviembre, 2017
Unhas pedras nun camiño enfrentan a goberno e oposición no Bolo
Publicidad

Unhas pedras nun camiño de uso público, o que conduce ao Castelo medieval, son desta vez as causantes do enfrentamento entre o partido do goberno popular e a oposición socialista no concello do Bolo. O PSOE denuncia un novo caso de acoso por parte do PP que “emprega á Garda Civil indiscriminadamente para a persecución política” pola denuncia feita polo alcalde, Manuel Corzo, ao candidato e ex candidato socialistas, Magín Fernández e Silverio Fernández, acusándoos de sustracción das mencionadas pedras, propiedade do concello.

Insisten os socialistas en que o rexedor denunciou “sen facer ningunha pesquisa previa ou falar cos interesados”. Pola súa banda, o alcalde explica que a denuncia está feita “dende o coñecemento” sabendo que as pedras “están agora nunha finca do concelleiro socialista”. Corzo explica que coa denuncia o que busca é “saber quen puxo esas pedras alí e quen as quitou, nada máis, sen desacougo, simplemente gustaríame saber de onde viñeron e onde foron a parar, porque estaban na vía pública e eu interésome por todo o que sexa do pobo”.

Dende o grupo da oposición apuntan que “o lexítimo propietario das rocas fixo unha doazón a Silverio Fernández, anterior portavoz do PSOE bolés, e éste as cedeu a Magín Fernández, actual concelleiro, para aproveitar entre os dous este material”. Desta forma, o grupo socialista non ve necesaria a implicación da Garda Civil neste asunto e acusan o rexidor de abusar da súa autoridade acudindo ao cuartel a denunciar. Pola súa banda, Corzo asegura que, en 25 anos no posto, “sen non é a primeira vez que fai unha denuncia deste tipo, será a segunda” pero non hai ningún abuso dos servicios da benemérita.

Lembra a oposición ao alcalde que “debía por máis celo noutras cuestións como a desaparición de dous camións de pedra para facer un área recreativa”. O rexidor explica que “o concello mercou as pedras, pero alguen as levou. Xa me gustaría saber a mín onde están e quen é o responsable do roubo”.

También te puede interesar