Un accidente na estrada N-120 ao seu paso por Fontei (A Rúa) deixa un ferido

3 julio, 2019 A RÚA , ACTUALIDAD , BREVES
Un accidente na estrada N-120 ao seu paso por Fontei (A Rúa) deixa un ferido

O vehículo saíue da vía e bateu contra a barreira de seguridade no quilómetro 468

Un vehículo que circulaba dirección Ponferrada pola estrada N-120 ao seu paso por A Rúa — no punto quilométrico 467, 8— sae da vía batendo contra a barreira de seguridade. O impacto fixo que o automóbil rebotase contar o quitamedos volvendo de novo ao medio da estrada. O seu único ocupante, unha muller xoven, resultou ferida. Foi ela mesma quen contactou co 112 Galicia para pedira asistencia sanitaria.



Ademais dos efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Valdeorras (GES), e dos servizos sanitarios de urxencia que trasladaron á condutora até o Hospital Comarcal Valdeorras para a súa observación, aínda que en principio e a primeira vista non revestía gravidade, acudiu a Garda Civil, que se encargou de regular o tráfico xa que como se informou o  automóbil quedou no medio da estrada.

Estado no que quedou a barreira de seguridade tras o impacto

Tamén, desde o 112 Galicia se solicitou a intervención do persoal do servizo de mantemento e de limpeza da vía e dos bombeiros do Parque de Valdeorras. Non se precisou da súa intervención xa que a persoa quedou desde o primeiro intre liberada e accesible.

Fai escasamente un ano, apenas 300 metros máis adiante tamén se producía unha salida de vía de similares características.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 15:15 horas desta tarde.



Fotos cedidas

También te puede interesar