Trives entre os cinco concellos con maior taxa de doazóns de sangue en Galicia

14 junio, 2017
Trives entre os cinco concellos con maior taxa de doazóns de sangue en Galicia

Esta mañá nun acto celebrado en Santiago de Compostela , o alcalde de A Pobra de Trives, Francisco José Fernández Blanco, recolleu o recoñecemento da Axencia de Doazóns de Órganos e Sangue (ados) ao Concello de A Pobra de Trives, por estar entre os cinco concellos máis solidarios de Galicia en número de doazóns de sangue.

A Organización Mundial da Saúde recomenda unhas 40 doazóns por cada 1000 habitantes no ano; Galicia conta con 41 doazóns por cada 1000 habitantes ao ano. A Pobra de Trives supera estas cifras acadando 61 doazóns por cada 1000 habitantes por ano.

“…parabens a toda a veciñanza de Trives por este galardón…por ser un dos concellos galegos con maior taxa de doazóns por cada mil habitantes…”; Francisco José deu as súas felicitacións á veciñanza de Trives por ese recoñecemento recibido no Día Mundial do Doador de Sangue.

Video: Facebook Concello A Pobra de Trives

También te puede interesar