Trives énchese de folclore este fin de semana

25 julio, 2019
Trives énchese de folclore este fin de semana
Publicidad

Trives e Manzaneda acollen unha nova edición do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas

As gaitas e o folclore volverán invadir Trives e Manzaneda este vindeiro fin de semana. O X Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas encherá de tradición a contorna de Cabeza Grande de Manzaneda un ano máis.


Publicidad

Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense, dicía esta mañá en Radio Valdeorras que «a filosofía deste evento é, precisamente, dar unha saída a novas xeracións» e que «esa cultura da tradición se manteña viva».

No festival enmárcanse, entre outros, actos como a presentación do Cancioneiro de Seitura de Manzaneda e Terras de Trives —sábado, 18.00h na Igrexa de Manzaneda— ou a Noite Celta, que terá lugar a partir das dez da noite do mesmo día na Estación de Montaña.


Publicidad

O domingo terá lugar a competición de bandas de gaitas, a partir das 10.50h en Cabeza Grande de Manzaneda. Participarán arredor de 500 gaiteiros agrupados en 14 bandas. Foxo destacou a procedencia variada dalgunhas bandas que veñen de León ou Barcelona.

Consulta nas seguintes ligazóns a programación completa do sábado e a programación completa do domingo. Se queres escoitar a entrevista a Xosé Lois Foxo en Radio Valdeorras, preme na seguinte ligazón:

También te puede interesar