Trives celebrou o San Bartoliño con gran éxito de participación

26 agosto, 2019 ACTUALIDAD , GALERÍAS , TRIVES

Máis dun cento de rapaces e rapazas participaron o pasado sábado na proba deportiva que se celebra con motivo das Festas de San Bartolo na vila

A quinta edición da carreira de San Batoliño celebrouse o pasado sábado, 24 de agosto, dentro das actividades do verán, na Pobra de Trives. Os arredores da praza de abastos foron o escenario desta actividades deportivas, na que participaron máis dun cento de nenos e nenas.

A categoría que máis éxito tivo, en canto ó número de corredores se refire, foi  a das idades comprendidas entre os 5 e os 7 anos.

Publicidad

Desde unha hora antes do inicio das probas, os participantes fóronse achegando a facer as súas inscricións. A primeira das carreiras comezou ás 19:00 horas.

Desta volta animáronse varios pais dos cativos a participar na categoría de 14 anos en adiante Ademais, claro está, de bo número de rapaces e rapazas, que estiveron moi activos,

Publicidad

Nesta carreira non competitiva todos os participantes obtiveron a súa medalla que lle foi imposta pola propia alcaldesa, Patricia Domínguez. A medida que ían chegando á meta, a primeira concelleira foille entregando o premio.

Desde o concello valórase moi positivamente o San Bartoliño, tanto polo número de participantes como pola boa acollida e implicación de pais e nenos. «Cada ano son máis os inscritos e este ano chegouse ao centenar de corredores distribuídos en cinco categorías, que dependendo da idade percorrerían diferentes distancias», aseguran desde o Concello da Pobra de Trives.

San Bartoliño deixou un ano máis as rúas cheas de deporte e bo ambiente festeiro.

También te puede interesar