Trives celebrou o 8M por unha igualdade real

8 marzo, 2019

Publicidad

Unha manifestación e unha exposición centraron os actos do 8 de marzo na vila trivesa.

Este venres o Concello de Trives celebrou diversos actos en conmemoración do Día Internacional da Muller. Estes consistiron na lectura dun manifesto pola directora do CIM, unha manifestación baixo o lema “por unha igualdade real” que se podía ler na pancarta que encabezaba a mesma onde mulleres e homes das Terras de Trives (Trives, Manzaneda, San Xoán de Río e Queixa) se manifestaron percorrendo as rúas da vila trivesa e por último a inauguración dunha exposición fotográfica onde as mulleres de Trives son as protagonistas.

Na marcha participaron preto dun cento de persoas reivindicando os dereitos da muller e festexando todos os logros acadados nestes anos.

A manifestación rematou na Sala de Exposicións Santa Leonor coa danza interpretada por Darija Cz e a posterior inauguración da Exposición Fotográfica “Mulleres Trivesas, Mulleres Tigresas” na que mulleres de Trives, Río e Manzaneda son as protagonistas. Unha pulseira morada coa inscrición “son valiosa”, foi o agasallo que recibiron na entrada á exposición.

También te puede interesar