Trives celebra o Día da Montaña cunha ruta ata Ponte Navea

13 diciembre, 2018
Trives celebra o Día da Montaña cunha ruta ata Ponte Navea
Publicidad

O pasado martes 11 de decembro foi o Día Internacional da Montaña e desde o servizo de turismo do Concello de Trives organízase unha Ruta de sendeirismo familiar para este domingo 16 co fin de festexar esa data. Dende o Concello consideran que «é o mellor xeito de concienciar da importancia que teñen as montañas nas nosas vidas». Un paseo ata a Ponte Navea foi o percorrido elixido nesta ocasión gozando dun enclave natural cheo de maxia e historia.

A dificultade da ruta é media – baixa, sendo unha ruta duns 6 quilómetros aproximadamente. Ás 11:00 horas partirase cara o pobo de Pena Folenche desde a Oficina de Turismo da Pobra de Trives. Neste pequeno desprazamento, cada participante irá cos seus propios medios. Unha vez no pobo, ás 11:15 horas, dará comezo a camiñada desde Pena Folenche cara Ponte Navea, entre frondosos bosques e as súas fragosas ladeiras, pasando algún tramos pola Vía XVIII que unía Arturica con Bracara na época dos romanos.

A ruta chegará a Ponte Navea, onde o río que leva o seu nome, fai de liña divisoria entre os concellos de San Xoán de Río e A Pobra de Trives. En dita ponte poderán observar as características da ponte romana primeiramente e da medieval, sendo esta unha das pontes máis antigas da península. Ademáis, nese enclave natural de carballos e castiñeiros, tamén se atopa a antiga capela da Encarnación, onde se
representa a Cruz de Malta.

No traxecto os camiñantes gozarán de pasear por bosques que forman parte da primeira paisaxe protexida de Galicia. Unha ruta circular que non deixará indiferente a ninguén.