Tódolos centros de ensino do Barco atopan a Mª Victoria Moreno

15 junio, 2018 ACTUALIDAD , CULTURA , GALERÍAS , O BARCO
Tódolos centros de ensino do Barco atopan a Mª Victoria Moreno
Tódolos centros de ensino do Barco atopan a Mª Victoria Moreno
Tódolos centros de ensino do Barco atopan a Mª Victoria Moreno
Tódolos centros de ensino do Barco atopan a Mª Victoria Moreno
Tódolos centros de ensino do Barco atopan a Mª Victoria Moreno
Tódolos centros de ensino do Barco atopan a Mª Victoria Moreno
Tódolos centros de ensino do Barco atopan a Mª Victoria Moreno
Tódolos centros de ensino do Barco atopan a Mª Victoria Moreno
Tódolos centros de ensino do Barco atopan a Mª Victoria Moreno

Todos participaron, e todos obtiveron premio, porque todos involucráronse nun proxecto común que tivo como resultado unha grande participación e implicación. O Centro Comercial Aberto do Barco entregaba onte día 14 de xuño, os premios da campaña Na procura de Mª Victoria Moreno que organizou en conxunto cos equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros de ensino da vila, CEIP Condesa de Fenosa, CEIP Julio Gurriarán,  CEIP Otero Pedrayo, Divina Pastora, IES Lauro Olmo, IES Martaguisela. Os estudiantes de tódolos centros de ensino confeccionaron sobre lienzo, retratos de María Victoria Moreno, a homenaxeada de este ano cas Letras Galegas, que foron colocados nos escaparates de 33 establecementos asociados que participaron nesta campaña.

O obxectivo final foi, segundo explicou a presidenta do CCA de O Barco, Sandra Moldes, «promover o coñecemento do galego á vez que se promocionan os comercios asociados que prestaron os seus establecementos para expoñer os lienzos realizados polos chavales». Os gañadores, que recibiron vales de 25 euros en material escolar, son os seguintes:

  • CEIP Condesa de Fenosa: 2ºB, recollido por Eiza e Antía.
  • CEIP Julio Gurriarán: 6ºA, recollido por David Cardoso de Sousa.
  • CEIP Otero Pedrayo: Infantil 5 anos, recollido por Brais e Leire.
  • Divina Pastora: 6º A e B, recollido por Alexandra López Suflet.
  • IES Martaguisela: 1º ESO C, recollido pola delegada da clase.
  • IES Lauro Olmo: 2º ESO D, recollido por Marcos Tato.

Ademáis desta entrega de premios, realizouse un sorteo para escoller ao galardoado, que na mesma campaña, completou o roteiro literario e depositou o folleto na urna. A gañadora do vale de 100€ foi Carolina Lameiro Gómez, de 2º da ESO do IES Martaguisela.

Remataba Sandra Moldes o acto agradecendo «ao equipo de dinamización o traballo realizado que é moito» esperando próximas colaboraciones porque «inculcades o galego a pequenos e maiores, que as veces parece que se esquece un pouquiño».

También te puede interesar