Unha técnica municipal de Mozambique fórmase no Concello do Barco

13 octubre, 2017
Unha técnica municipal de Mozambique fórmase no Concello do Barco
Publicidad

Despois de doce anos enviando a persoal dos concellos socios a colaborar cos parceiros no Sur, o Fondo Galego de Cooperación e
Solidariedade vén de darlle a volta ao programa Vacacións con Traballo e agora son dúas técnicas municipais de Cabo Verde e Mozambique as que viaxan a Galicia para intercambiar experiencias ao longo do mes de outubro. Saneamento, medio ambiente,
planificación urbanística e estradas son algunhas das áreas nas que as profesionais están interesadas en formarse.

Ailina da Marta, topógrafa da vila mozambicana de Mandlakazi, visitará a Deputación de Pontevedra e os concellos de Tomiño, Valga, O Barco, Moaña e Narón. A súa axenda, que se prolonga ata o 1 de novembro, inclúe a fiscalización de obras, revisión de PXOM,
servizo de mobilidade ou manexo de programas informáticos. “Agardo que coa miña estadía no programa Vacacións con Traballo en Galicia poida apañar experiencias doutros municipios nos eidos mencionados e achegar a maior contribución á vila de Mandlakazi grazas aos coñecementos adquiridos”, expresaba a técnica.

A técnica iniciará a súa estadía no Barco o venres día 13, onde manterá un contacto co Departamento de Medio Ambiente do Concello do Barco, e visitará logo o Punto Limpo e un antigo vertedoiro de lixo xa recuperado. Durante a fin de semana realizará diferentes
actividades lúdicas e culturais, e o luns está prevista unha visita á Estación Depuradora de Agua Potable (ETAP), e a EDAR (Estación Depuradora de augas residuais), así como aos pozos de bombeo da rede integral de sumidoiros. En todos os casos, para coñecer o
funcionamento de estes mecanismos. O martes e o mércores a Ailina da Marta seguirá por O Barco, para coñecer cuestións relacionadas con urbanismo. Con técnicos do Servizo de Obras e Urbanismo coñecerá o plan de Urbanismo, e revisará proxectos de
urbanización xa executados, ao tempo que fará visitas a obras de urbanización integral en execución ou xa rematadas.

As profesionais de visita estes días en Galicia coinciden en destacar as melloras que nos últimos anos se teñen dado nos seus municipios en materia urbanística, de limpeza ou alumeado público, pero apuntan que aínda queda moito por facer dada a carencia de
recursos económicos, equipamentos e formación. A través deste programa de cooperación técnica, búscase contribuír a reforzar as capacidades dos municipios de países empobrecidos, ao tempo que se pon en valor a multiculturalidade e se sensibiliza fronte as desigualdades Norte-Sur, para o que as convidadas tamén impartirán charlas.

También te puede interesar