Teatro sen barreiras para un público entregado

16 noviembre, 2018 ACTUALIDAD , CULTURA

O grupo de teatro Muxicas respresentou no TLO do Barco, ante un público entregado, a obra de Nikolai Gogol «O Inspector». Estreada o pasado mes de xuño e galardoada co Premio do Público na XI Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón, do Carballiño, hai só uns días, marabillou ao público do TLO. No 2012, Muxicas tamén foi galardoado co Premio Max ao mellor labor en prol do teatro afeccionado.

A maioría de actrices e actores que conforman o colectivo artístico Muxicas son cegos ou cunha discapacidade visual grave, o que non é impedimento para que mostren o seu arte e sensibilidade . Esta formación ourensá está integrada por persoas con discapacidade visual pertencentes á Once, cuxo obxectivo é lograr a inclusión deste colectivo no eido escénico. Esta corporación de dereito público de carácter social leva case vinte anos facendo posible que persoas con estas características poidan achegarse con profesionalidade, rigor e compromiso artístico a un mundo, paradoxicamente tan visual, como é o da Arte Dramática.

Tito Asorey —recoñecido profesional do teatro ourensán, actor e director de escena—dirixe esta peza, a novena desde que forma parte de Muxicas, desde o ano 2007

O Inspector é un espectáculo dinámico e comprometido onde o ritmo frenético mergulla ao espectador de cheo nesta comedia interpretada por dez actores e actrices que dan vía ao clásico texto de Gogol.

A unha localidade gobernada por políticos corruptos chega a nova de que na cidade apareceu un inspector do goberno para realizar unha auditoría sobre as contas públicas e elaborar un estudio sobre a limpeza das prácticas políticas dos seus dirixentes.

Ante esta situación, os gobernantes entran en pánico, procedendo á destrución de todas as probas que os poidan comprometer. Comezará así́ unha espiral descendente de submisión cara ese inspector, ofrecéndolle todo tipo de agasallos e subornos, chegando a límites insospeitados de tolemia e indignidade.

También te puede interesar