Talleres e inchábeis para os máis pequenos en Vilanadal

23 diciembre, 2017
Talleres e inchábeis para os máis pequenos en Vilanadal
Publicidad

O vindeiro martes día 26 de decembro dará comezo en Vilamartín o campamento urbán Vilanadal, famoso xa polos seus inchábeis que convinan coa participación en talleres diferentes cada xornada. En Somos Comarca falamos con Victor Ramos, responsábel desta iniciativa, que explica todos os detalles.

Somos Comarca: ¿Qué é iso do Vilanadal?

Victor Ramos: É un campamento urbán que organiza o Concello de Vilamartín de Valdeorras para que os pais poidan conciliar traballo, festas, compras navideñas, etc. A idea é traer os rapaces e deixalos toda a mañá para vir a última hora a buscalos. Eles o pasan ben e os pais poden ter tempo para facer o que necesiten.

SC: ¿Para qué idades está destinado?

VR: Para nenos de 3 a 12 anos. As actividades organizadas e as atraccións que se montan, van dirixidas a esa franxa de idade.

SC: Supoño que haberá que apuntarse antes para poder asistir…

VR: Hai dúas formas de participar. Se o que queres é ir todos os días do campamento, tes que ir ao Concello de Vilamartín e apuntarte. Pero se queres ir algún día solto, terás que vir polo pavillón no horario que temos de 10:00 a 13:30 horas, para que poidamos collerte os datos.

SC: ¿Qué fan alí os pequenos?

VR: Recíbenos uns monitores titulados que ademáis de cuidar deles, preparan xogos e talleres diferentes cada día nos que podan participar, pintacaras, bonecos da televisión, postais de Nadal, etc. E a maiores, teñen os inchábeis, cada un co seu correspondente monitor. Con toda a mañá por diante, os rapaces poden facer o que queiran, participar un rato nos talleres, ir aos inchábeis, voltar aos talleres…

SC: E polo visto terán uns invitados especiais…

VR: Sí, o derradeiro día virán de visita as súas maxestades os Reis Magos. A nosa intención é que veñan ao pavillón a ver aos nenos, pero estaremos atentos por se hai algún cambio xa que teñen a axenda moi completa eses días…

SC: ¿Qué días vai estar abierto Vilanadal?

VR: Dende o 26 de decembro ata o día 5 de xaneiro. De luns a venres de 10:00 a 13:30 horas. Os nenos que asistan non teñen porqué cumprir  todo o horario, poden vir cando queiran.

SC: Xa levades tempo organizando este campamento urbán, ¿non é así?

VR: Vilanadal leva anos organizándose pero este é o segundo ano que temos inchábeis. O ano pasado plantexámoslle ao concello a posibilidade de telos e foron moi receptivos. Ao campamento urbán asisten rapaces de A Rúa, de O Barco, e de outros concellos da comarca, xa que en Vilamartín non hai tantos rapaces. É unha oportunidade de que mentres se divirten e xogan, estén controlados mentres os pais fan as súas compras ou van a traballar. Dámoslles un pequeño almorzo a media mañá, están a cuberto e cada día fan unha cousa diferente.

SC: Si repetides por segundo ano é que o ano pasado foi moi ben…

VR: Efectivamente. O ano pasado funcionou ben, así que esperamos que este ano volva a funcionar. Animamos a tódolos nenos a que veñan a pasar o tempo das súas vacacións con nós, prometemos pasalo moi ben.

También te puede interesar