Taller de Mindfulness para educadores e pais en A Rúa

3 marzo, 2017 A RÚA , ACTUALIDAD , CONCELLOS , EVENTOS
Taller de Mindfulness para educadores e pais en A Rúa

O vindeiro 19 de marzo impartirase na Ludoteca de A Rúa un taller de introdución dedicado á técnica do Mindfulness, dirixido a pais e educadores. Ao longo de catro horas (de 10:00 da mañá ás 14:00 horas da tarde) explicarase e darase información sobre os beneficios e a utilización desta reputada técnica. Ademais, haberá un tempo reservado para poñer en práctica as destrezas explicadas. A cada participante remitiráselle, ademais, un dosier con toda a información e recursos para reforzar e recordar o aprendido durante a clase.

Este método está especialmente indicado para o tratamento de nenos diagnosticados con hiperactividade ou déficit de atención. O taller será impartido por Victoria Ambrós, que define o Mindfulness como a capacidade de “traer la atención de la mente a lo que estamos haciendo mientras lo estamos haciendo, facilita la concentración en lo que uno hace”.

Ambrós insiste na necesidade por parte dos pais e educadores de coñecer e profundizar nesta técnica para logo transmitirlla aos máis pequenos “un adulto no puede enseñar a un niño algo que él no controla o no vivencia. Los niños aprenden por imitación”.

É a primeira vez que se imparte este tipo de técnica en A Rúa, aínda que este taller xa tivo lugar en Vigo, onde se esgotaron todas as prazas. Para participar é necesario a inscrición previa na propia Ludoteca Municipal de A Rúa, sita na praza José Antonio Míguez Freire número 1, ou a través do teléfono 689621226. As prazas son limitadas.

Para máis información sobre esta técnica poden consultar o seguinte enlace.

 

También te puede interesar