Estabilizado o incendio en Soutadoiro, Carballeda de Valdeorras

15 abril, 2017 ACTUALIDAD , CARBALLEDA
Estabilizado o incendio en Soutadoiro, Carballeda de Valdeorras

A Consellería do Medio Rural informa de que desde onte as 20:45 horas están estabilizados todos os focos do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Soutadoiro.

Este lume iniciouse ás  10:20 horas de onte, rexistrándose diferentes focos simultáneos que, segundo as últimas estimacións provisionais, afectaron en conxunto unhas 100 hectáreas. Nos traballos de control levan participado 1 técnico, 13 axentes, 7 brigadas,  2 motobombas, 5 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural lembra que permanecen prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais ata novo aviso. Está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

También te puede interesar