Sometido a información o Plan Básico de San Xoán de Río

18 marzo, 2021
Sometido a información o Plan Básico de San Xoán de Río
Publicidad

Este plan ten como obxetivo principal o de derivar nun futuro PXOM para os concellos pequenos da provincia como o de San Xoán

Este martes coñeceuse que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda someterá a información pública o Plan Básico Municipal (PBM) de San Xoán de Río, un instrumento de ordenación recollido na Lei do solo e que foi aprobado inicialmente o 3 de marzo.

Estas medidas están destinadas a que os municipios coñezan a súa propia xeografía co fin de facer no futuro un Plan Xeral de Ordenación Municipal, e así poder concretar as zonas urbanizables da localidade.

Publicidad

Os plans básicos municipais son instrumentos de planeamento urbanístico que se redactarán en desenvolvemento do Plan básico autonómico para concellos de menos de 5.000 habitantes que non conten cun instrumento xeral de planificación.

Publicidad

San Xoán de Río foi o terceiro en obter a orde de aprobación inicial por parte da Xunta (tras O Páramo e Triacastela) e o primeiro en acadala na provincia de Ourense, dando así un paso importante de cara a dotarse dun marco urbanístico propio no que se delimitan un total de 49 núcleos rurais e se recollen todas as dotacións existentes na actualidade neste municipio.

O Concello de Viana do Bolo tamén está incluido nestes plans municipais da Xunta de Galicia, destacando o seu rexedor que esperan obter o futuro PXOM nun prazo de 2 a 3 anos. Situación que anhelan obter dende este municipio.

También te puede interesar