Sofía Fernández: «El invierno es triste, es difícil y muy largo»

15 diciembre, 2019 ACTUALIDAD , VÍDEO
Sofía Fernández: «El invierno es triste, es difícil y muy largo»
Sofía Fernández: «El invierno es triste, es difícil y muy largo»
Sofía Fernández: «El invierno es triste, es difícil y muy largo»
Sofía Fernández: «El invierno es triste, es difícil y muy largo»
Sofía Fernández: «El invierno es triste, es difícil y muy largo»

Veuse a vivir á Rúa con só 19 anos e moitas ganas de valerse por si mesma e demostralle ó mundo que sobreviría e acabaría os estudos

Cristian López no espazo mensual de Radio Valdeorras Onda Cero, «As Xentes de Valdeorras» entrevista a unha madrileña, Sofía Fernández Andreu. Sofía veuse a vivir con 19 anos ela soíña á Rúa Vella, a unha casa que era da súa avoa materna.

Desde que era pequena veu de vacacións a Galicia pero o que ía facer, vir todo o ano incluído o inverno, iso era outra cousa. Sempre lle gustou A Rúa e non estaba a pasar unha boa etapa así que, decidiu liarse a manta á cabeza e poñer rumbo a Valdeorras. A súa nai non daba creto e pensou que ía volver sen que pasara unha semana e, xa leva vivindo aquí 16 anos.


Publicidad

Chegou o instituto  o 13 de outubro, unha vez comezado o curso. Segundo conta, os compañeiros fixeron festa por recibir a unha persoa de fora. Muller traballadora e con moito arresto, e tamén con moita coraxe pasou ese inverno e outros moitos máis. De feito falta pouco para que leve vivindo o mesmo tempo aquí que en Madrid.

Os invernos seguen a ser duros segundo ela mesma conta, porque hai pouca luz, é «triste» e ademais «a xente cerra as persianas» o que fai que pasear polas calles nesa tempada pareza un lugar pantasma. Iso supérase cas «festas de cuchara» o magosto, a matanza, o Nadal. O de xuntarse e reunirse gústalle, porque o que ten Galicia é «todo comer».

De Madrid bota de menos a xente, a súa xente, e cando ten un ratiño escapa para a capital. Cando vai carga as pilas de estrés de ser descoñecida e de complicidade de amigos os que cada vez vei menos.

Se queres escoitar o audio do espazo «As Xentes de Valdeorras» emitido o pasado mércores, 11 de decembro, fai click na seguinte ligazón:

Sofía Fernández Andreu de Madrid á Rúa.

También te puede interesar