Simulacro de incendio na residencia da 3ª idade de Trives

17 octubre, 2018 ACTUALIDAD , TRIVES
Simulacro de incendio na residencia da 3ª idade de Trives

A residencia da 3º idade de Trives foi o escenario dun simulacro de incendio no que interviñeron dez voluntarios de Protección Civil de Trives, Garda Civil, Policía Local, Ambulancias Sil, un técnico de Quirón Prevención, persoal propio do centro e o camión de bombeiros operado por persoal propio de Protección Civil de Trives.

 

Intervintes no simulacro de incendio na residencia de Trives

Intervintes no simulacro de incendio na residencia de Trives

 

O simulacro, feito a petición da dirección do centro xeriátrico, comezou as 17:42 horas e deuse por rematado as 19:33 do martes día 16 de outubro, segundo informaron desde Protección Civil. A coordinación do dispositivo foi a cargo dos voluntarios do ente, en colaboración directa co resto de involucrados.

 

Garda Civil e voluntario de Protección Civil ás portas do centro

Garda Civil e voluntario de Protección Civil ás portas do centro

 

O exercicio recreou un incendio na sala de caldeiras, forzando a evacuación de todos os residentes — válidos, dependentes e persoal—. Tamén se procedeu ao rescate de dúas persoas empregadas do centro por inhalación de fume, con evacuación a centro sanitario.

 

Persoal de Ambulancias Sil tamén participante no simulacro

Persoal de Ambulancias Sil tamén participante no simulacro

 

Unha vez finalizado o simulacro desde Protección Civil de Trives fíxose a seguinte avaliación: “A valoración foi moi positiva, e todo saíu perfecto. Foi unha experiencia moi importante para o desenvolvemento das nosas funcións, tanto para o persoal do centro como para os servizos de emerxencia, pois tivemos ocasión de practicar a coordinación e eficacia dos efectivos e os medios dos que dispoñemos. A actuación e coordinación foi absoluta, e mais tendo en conta a falta de experiencias en este tipo de actuacións. Dende Protección Civil procuraremos realizar este tipo de simulacros periodicamente nos distintos edificios con afluencia importante de persoas, como por exemplo p instituto ou o centro de primaria, para que en caso de necesidade todos os actores teñamos unha base e unha experiencia sobre as actuacións e protocolos a seguir en caso de emerxencias reais”.

También te puede interesar