O Sergas atrasa a actividade cirúrxica programada demorable

22 octubre, 2020
O Sergas atrasa a actividade cirúrxica programada demorable
Publicidad

O obxectivo é salvagardar a capacidade de ingreso en previsión das necesidades derivadas da actual situación

A actual ocupación das camas de críticos, tanto de pacientes covid —15 hospitalizados—, como non Covid, así como o número de pacientes en planta —máis de 100 en toda a Area Sanitaria— susceptibles de descompensación e de requerir atención intensiva, mantén unha alta ocupación de pacientes na unidade de recuperación postanestésica (URPA) o que aconsella limitar a actividade cirúrxica programada, para asumir con seguridade a atención cirúrxica urxente, preferente, oncolóxica e aquela incluida no decreto de garantías.

A actividade cirúrxica programada demorable estase adiando, ou ben substituindo por procesos que non requiren de Coidados intensivos postcirúrxicos nin estanza hospitalaria, para salvagardar a capacidade de ingreso en previsión das necesidades derivadas da actual situación e do reponte de ingresos habituais neste período do ano.

A volta a programación ordinária dependerá da evolución da pandemia en Ourense, que neste intre atende a mais da cuarta parte de pacientes contaxiados de Galicia, cos seus principais núcleos poblaciónais en nivel 3, con restricións de mobilidade e reunión

También te puede interesar